Archivos en la categoría Economía ou finanzas

Crecimiento económico y financiación

En dos artículos publicados en Mundiario, analizamos las posibilidades del crecimiento de la economía mundial en estos momentos de duda sobre su evolución.

Los mercados parecen ignorar las actuales oportunidades de crecimiento: hay voces que incluso afirman que la economía mundial ha agotados sus opciones pero no es así. El cambio climático, las alternativas energéticas, la corrección de las desigualdades, la tecnología asociada a nuevos materiales, entre otros factores, garantizan nuevos ciclos de alza de la actividad en el mundo.

Esta crisis tiene tanto una versión desde la demanda como desde la oferta. Ante una demanda aletargada, es la oferta la que debe realizar el seguimiento movimiento. Pero la inversión requiere financiación. ¿De dónde obtendremos los recursos que necesita el relanzamiento económico? Lo explicamos en el siguiente artículo.

Ante la amenaza de nuevos recortes, se impone el aumento de ingresos públicos: los fondos solo pueden provenir de aquéllos que más tienen, individuos o sociedades, y de los que debiendo pagar, no lo hacen. En el artículo se mencionan medidas concretas de intensificación de la progresividad fiscal y de bolsas de recaudación que no contribuyen en la proporción adecuada.

 

Últimos artículos / artigos

Las dobles lecturas de la economía

En Mundiario, publicado el 8 de enero. Va sobre las perspectivas de la economía mundial para 2016 tras la primera semana de fuertes turbulencias en las bolsas arrastradas por la debacle de Shanghai. Particularmente, no me parece representativo de lo que puede deparar la economía real en los próximos meses.

Una nueva política monetaria en Estados Unidos

También en Mundiario, publicado el 19 de diciembre pasado. A colación de la subida del tipo de interés de referencia por parte de la Reserva Federal tras años de política monetaria expansiva. Se temía la decisión aunque estaba más que descontada.

El margen de maniobra de los partidos

El 4 de diciembre, antes de las elecciones generales, en Mundiario, publicaba este artículo analizando las consecuencias que para la economía española tendría la aplicación de la política económica que implantase el partido o partidos que llegasen al gobierno.

Galicia sen industria

En Economía digital, o 28 de novembro. Facíamonos eco da agonía da Fábrica de Armas na Coruña, un caso que representaba o último exemplo da terrible crise industrial que padece a economía galega.

Feijóo 2016

En Galicia confidencial, en véspera da festividade dos Magos. Procuramos adiviñar as cuitas mentais nas que debe andar enleado Núñez Feijoo ao ver que os seus méritos acumulados no “goberno” de Galicia non lle van servir para auparse á presidencia do goberno español. Meu pobre!

 

Últimos artigos / artículos

Velaquí as últimas colaboracións en medios en galego…

O efecto Gadis: vai dun proceso que xerou elevadas expectativas, moita ilusión e ata algunha previsión próxima á utopía; e que fracasou para escarnio e vergonza de moitos que houbemos regresar á carreira cara a cova do escepticismo máis derrotista. E todo isto por que? Polo efecto Gadis, por que vai ser? Ollo que o artigo superou os 100 rebotes…

Este país é unha ruína: tristemente. Cada dato vén confirmar a incuestionable realidade: namentres o partido hexemónico continúe no poder, o único destino de Galicia é o esvaecemento progresivo.

Transformación ou irrelevancia: con boa vontade e algo de experiencia, dei en artellar este catálogo de medidas que poderían configurar un plan de reactivación, máis que imprescindible, para a economía galega.

A deslocalización perpetua: outra das graves lacras da nosa economía infravalorada normalmente; como se resultase natural que Galicia perdese caso tras caso os seus principais referentes empresariais. 64 compartidos, non está mal para un medio especializado como Economía digital.

Y aquí los últimos artículos en medios en castellano…

Las cláusulas suelo de las hipotecas: en contra de la opinión general, voy yo y las defiendo. Nunca lo esperaría pero este artículo alcanzó los 114 rebotes en las redes sociales.

La reforma laboral ante las próximas elecciones: será una de los caballos de batalla y uno de los ejes de la política económica a implantar tras el 20D. Si gana el PP, la explotación del trabajador, la precariedad, la inestabilidad y la desigualdad continuarán; si ganan el/los otro/otros, tal vez algo pueda cambiar. Y este artículo, que me parecía esencial, solo resultó 22 veces compartido. Si es que uno nunca sabe…

Traballo nos Concellos / Empleo en los Ayuntamientos

Aos Concellos xurdidos nas últimas eleccións non lles queda outra que aprender a fume de carozo as estratexias precisas para xerar actividade económica a partir das competencias da administración local. Aqueles municipios que sexan quen de poñer en práctica iniciativas de éxito nesta dirección, sairán antes da crise e proveerán de postos de traballo aos seus cidadáns. Máis no artigo adxunto:

Xeración de emprego desde os Concellos

Dicho de otra manera: ya que ni Estado ni Comunidades Autónomas han sido capaces de promover políticas activas de empleo, y que la tasa de paro no se prevé que se reduzca por debajo del 20% (del 20%!!!) hasta 2018-2020, han de ser los Ayuntamientos quienes saquen a los desempleados del fuego del desempleo. No se asusten: en bastantes países de Europa y de América llevan haciéndolo décadas. Para más detalle, aquí queda el siguiente artículo:

Los nuevos Ayuntamientos deben aprender a desarrollar políticas de empleo

 

 

Emprendedor torturado

Se nalgún extremo hai consenso sobre como saír desta crise devoradora de dereitos, é no emprendemento. Políticos, empresarios, economistas, traballadores… están de acordo en que o emprendemento ha ser un dos elementos que tiren deste carro maltreito. E así, os programas electorais recollían sen excepción o apoio ó emprendemento como unha das medidas para reactivar a economía, etc., etc. Ben, contrastemos teoría e realidade.

Un desempregado decide solicitar a prestación única para emprender un proxecto, que pretende ser creador de traballo á súa vez, e o primeiro que atopa é a soidade. Na oficina do INEM recibe uns papeis demostrativos da absoluta ignorancia da Administración verbo das cousas da empresa. Iso e un apoio nulo: ninguén sabe o que facer con aqueles papeis, nin sequera o que significan as súas celas nin as consecuencias do que neles poñas. Por non saber, nin saben en que organismo rexistrar a túa alta como autónomo.

Mellor ou peor, fas os teus cálculos e, mellor ou peor, encaixas os números nas celas daqueles formularios tan pesimamente deseñados. Mentres esperas a concesión da prestación única (basicamente, recibir nun pago o que é teu despois de 30 anos cotizados!), tentas desenvolver o teu proxecto, un auténtico viacrucis administrativo que algún día describirei en detalle.

Por fin, recibes a “concesión” e descobres que fixeches o parvo dun xeito brutal. Primeiro, porque do que che correspondía, has retirar o 40% para pago da seguridade social, carga que, se ficas desempregado, non tes que soportar. Despois, porque has xustificar, con fotocopias cotexadas e co selo bancario de cada pagamento, un por un, tódolos gastos incorridos. De modo que se durante ese primeiro mes de actividade, non gastas todo o que che ía pagar o INEM para ti vivires durante dous anos, daquela perdes esa parte da prestación non gastada.

Sobrecollido pola nefasta descuberta, empezas a recompilar as túas facturas e buscas un asesor (o cal vas ter que pagar, naturalmente), quen che di: “estas facturas están a nome dunha empresa”. “Claro, da que estou montando para a miña actividade. Mira, xa lle teño o CIF.” “Pois entón non vale porque as facturas han estar a nome do autónomo”, ese autónomo que empeza a maldicir o País no que vive, e o seu goberno actual e tódolos pasados, e a todo canto especulador, corrupto, canalla ou recurtador parira en todos estes anos de infamia e borracheira. Este autónomo que debe atopar axiña un cliente a quen facturar. Porque o que lle correspondía despois de trinta anos de cotización, houbo gastalo a todo correr en ordenadores, páxinas web, alugueiros e cousas así.

Co fácil que tería sido quedar na casa, gastando pouco e agardando por algún emprendedor que un día precisase dun incauto coma min.  

Con R de regresión

Esta semana mandei nova colaboración a Galicia Confidencial, titulada “A reforma de Mariano R.” e que se reproduce a seguir. Antes gustaríame lembrar aqueloutro artigo, neste caso publicado en Vieiros (sempre botado en falta) baixo o título Con R de regresión. Coido que paga a pena volvelo ler. Lamentablemente, Rajoy non Regresou ó Rexistro de Albacete…

Eis o artigo “A reforma de Mariano R.“:

Así como Feijóo leva tres anos empobrecendo Galicia, económica e socialmente, empeza Rajoy o seu goberno facendo unha España máis inxusta. A reforma de Mariano R., inspirada –inda que el non o saiba–  nos postulados de David Ricardo (1772-1823), representa un chanzo máis desta contrarrevolución na que están empeñadas as forzas ultraliberais que rexen os destinos económicos do continente. Unha contrarrevolución que pretende derrogar os beneficios da clase traballadora e devolver o mando absoluto á elite empresarial.

En algo estaremos seguramente de acordo: a reforma desacredita os convenios colectivos, facilita dun xeito moi notable o despedimento e faculta ós empresarios a modificar as condicións básicas de traballo dos empregados. Coido que incluso habería bastante consenso ó prever unha contracción do consumo polo incremento da incerteza laboral, e incluso do crédito persoal pois os bancos non serán alleos a este mesmo efecto. A discrepancia xorde na avaliación das consecuencias sobre  as propias cifras de desempregados: mentres para uns agudizará o paro, para outros permitirá a creación de emprego no medio prazo.

E a partir de aí, espazo para as interpretacións persoais. A miña é que esta reforma está elaborada por matemáticos. Calcularon eles canto había durar aínda a recesión: uns tres anos máis, valoraron. Así pois, xusto para gañar as vindeiras eleccións. E para presumir dos efectos benignos das súas reformas malia que, na realidade, nada contribuíran. A recuperación virá como chega sempre, porque isto é unha sucesión de ciclos, uns máis longos, outros máis curtos. E daquela nada se poderá dicir porque os feitos son os feitos e a norma xa cumpriu. E eles, os donos do capital, serán máis ricos e poderosos, e o resto, os fornecedores do traballo, pois máis pobres e desamparados.

Fixádevos: a reforma podería ter algún sentido se en España o paro estivese por debaixo da media europea, por exemplo (é o dobre) e se a mecánica da recolocación funcionase de xeito eficaz; se a economía española presentase un alto índice de rexeneración e de xestación de novas iniciativas e proxectos, se o investimento e o emprendemento fosen dúas forzas motrices do tecido social; e se os traballadores, entendidos como parte corresponsable dos éxitos e dos fracasos das empresas, participasen equitativamente dos beneficios xa que han sufrir lexislativamente as perdas.

E que propugnaba o David Ricardo? Pois basicamente que o modo de maximizar os beneficios era mantendo os traballadores nos lindes da supervivencia, sen dereitos laborais e con retribucións mínimas. Emitiu a chamada “lei de bronce dos salarios”: o salario ha reducirse ó estritamente necesario que permita ó obrero subsistir e reproducirse. Pasaron dous séculos mais a filosofía do liberalismo mantense fiel ás súas raíces. David Ricardo, por certo, uns dos primeiros multimillonarios ó amparo da especulación financeira.

 

 

 


A reforma laboral en min

Rajoy, e de Guindos, e a Fátima e toda esa cuadrilla, xa cazaron unha peza: onte deixei de estar no paro. Parabéns, poden borrar un da listaxe. E iso malia Montoro afirmar que a reforma non crearía emprego. Para que logo?! Mellor non respondan. A Cospedal chamou cínicos e irresponsables os críticos da reforma, a Cospedal, a dama de barro que axiña se converte en lama.

A súa reforma convenceume e agora son autónomo, ou emprendedor na linguaxe de hoxe en día. O concepto de emprendedor adoita asociarse á xente nova e aquí estou eu. Tampouco é que me convencesen pero vós disimulade. Eu xa tiña a intención de crear empresa e dotala dunha pequena estrutura consonte ás miñas posibilidades. Tiña o propósito de ofrecer contratos xustos, de facer participar os traballadores nos posibles beneficios, de integralos nun obxectivo común de progreso no seo da empresa, e de que esta medrase de modo que, co tempo, chegasemos a formar un grupo de xente satisfeito polo traballo desenvolvido e pola contorna de consideración e apoio mutuo creada entre todos. Iso tiña en mente, máis ou menos.

Pero este goberno fíxome recapacitar coa súa reforma e agora véxoo máis claro. E así, no canto de contratar licenciados novos, pedirei xente aínda ser carreira para ofrecerlles un posto en formación por 500 euros e deste xeito podo mercar 3×1. Ó cabo do ano, despedirei a maioría sen ningún tipo de indemnización e volverei ofrecer unha presada de contratos en formación. Tan logo os salarios cheguen a un nivel excesivo (nos meus cálculos capitalistas), deixarei caer uns meses a facturación, ou mellor: gardarei as facturas nun caixón para non contabilizalas durante ese tempo. Entón, podereilles rebaixar os soldos ó meu antollo e botar á rúa os empregados díscolos que non acepten a redución sumisamente. Por suposto, nada de compartirmos beneficios; xa o dixera Marx, as plusvalías para o capital.

É que eu, Sr. Rajoy e demais, pensaba que unha empresa funcionaba cando se creaba nela un ambiente propicio á participación e á dinámica de grupo, cando os traballadores eran considerados persoas intelixentes e con valores dignos de ser retribuídos, cando se recoñecía que o éxito, e así tamén o fracaso, era mérito -ou demérito- do colectivo, desa comunidade de intereses e vontades dirixidas cara a un obxectivo compartido. Así pensaba eu pero vostedes me quitaron a venda dos ollos e agora sei que non preciso colaboradores senón servos. E así todo me irá infinitamente mellor.

 

O economista de Kepler 22

A NASA acaba de atopar un planeta, este habitable, que deu en chamar Kepler 22, o cal suxire a existencia doutros vinteún non habitables. Unha das diferenzas clave que delimita a aptitude para a vida humana de tales corpos estelares, radica na existencia de auga. Recurso finito e útil, a auga é, ante todo, un elemento económico, suxeito, por tanto, a un valor e, xa que logo, a ser obxeto de transacción. Así pois podemos afirmar que en Kepler 22 se coñece a economía e, sendo habitable, o planeta disporá, seguramente, de economistas.

O anterior supón unha gran noticia para o novo goberno español pois, ante a empanada que amosan as institucións deste planeta, o descubrimento de Kepler 22 pode revelarse un auténtico acontecemento. Xa vexo o ministro do ramo (ministros, en realidade) enviando un protoelectroión radiactivo a Kepler 22 solicitando axuda e o economista xefe do planeta xemelgo disposto a demostrar as súas habilidades extrasiderais en materia económica. A súa primeira reacción sería intentar coñecer a situación española dentro do seu eido de actuación (isto é, a Unión Europea). Pediría os datos básicos para valorar o estado de cada ítem principal, que nunha comunidade evolucionada haberían ser, máis ou menos, os seguintes: emprego, capacidade produtiva, competitividade, investimento, demanda interior, balanza comercial, débeda pública e cohesión social.

O novo ministro (novos ministros, máis ben) do ramo buliría a recompilar a información para poder enviala de acordo a parámetros cósmicos de tempo. Este sería o posible resumo: desemprego que duplica o índice medio da Unión Europea; capacidade produtiva infrautilizada e previsións de descenso da producción; indicadores de competitividade notablemente por debaixo dos que lle correspondería por dimensión; investimento baixo mínimos e en devalo polo bloqueo total do sector financiero; demanda interior paralizada; balanza comercial deficitaria; débeda pública vinte puntos por debaixo dos países líderes da Unión Europea (que se chaman Alemaña e Francia, aclararía oufano o informe); gasto social á cola da Unión; a fenda entre clases altas e baixas, que era doce anos atrás a menor de Europa, é na actualidade a cuarta de maior magnitude.

O economista de Kepler 22 introduce a información recibida no seu procesador retroaxial e analiza os resultados para chegar a unha recomendación concluínte: o gobierno español debe poñer en marcha urxentemente unha política monetaria expansiva (ai se puidese!), debe promover a innovación e a internacionalización con programas de longo alcance, debe incentivar o gasto público e debe, finalmente, profundar na progresividade da súa política fiscal. O ministro (ministros) do ramo buscarían con denodo calquera referencia ó problema da débeda, que non terminaría de encontrar. E daquela habería de decidir se facer caso ós merkozyanos ou ós keplerianos. Seica tomaron partido polos primeiros. Eu, vendo como está o planeta Tierra, inclinaríame máos ben a prol dos alieníxenas.

 

Amancio Ortega e Edgar Keret

Seica Amancio Ortega vai mercar a Torre Picasso de Madrid por 400 millóns de euros. Disque cancelou as SICAVs para concentrar os seus investimentos no sector inmobiliario. Normal: non ten moito apuro financeiro así que mantense fiel á máxima básica de mercar barato e agardar tempos mellores. Namentres, vai tirando co alugueiro das instalacións, ateigadas mesmo en pleno ciclo recesivo.

Rosalía Mera investira hai uns meses outros 600 millóns de euros nun hotel gran luxo en Londres. Estima, xa que logo, que a capital inglesa acentuará o seu carácter de meca do business europeo de xeito que a demanda de recantos de luxuria naquela capital incluso medrará de modo salientable. No mesmo parágrafo citemos a Manuel Jove (seguramente Xove nalgún ancestro), posuidor do 6% de BBVA e dun diminuto x% do Banco que pretende conservar a súa condición de galego (en grandes dificultades causadas polos investimentos fóra de Galicia, casualmente).

Penso en Suíza, e tamén en Estados Unidos, e en Dinamarca… Penso neses lugares de grandes empresas que devolven á sociedade en forma de proxectos, parte dos beneficios que obteñen en comuñón coa súa terra; que comparten o destino da súa comunidade asumindo o papel motriz do seu progreso.

E comparo con Galicia, e lembro esas declaración esperpénticas, alucinadas, dunha conselleira de traballo que nega a tráxica emigración dos mozos galegos ante a falta de alternativa no País. E afirmo que cunha decidida aposta das fortunas galegas, poderiamos saír adiante. Troquen a Torre Picasso, o hotel de 6 estrelas e as accións do BBV polos sectores agrogandeiros, pola innovación biotecnolóxica, pola enerxía limpa e a industria medioambiental. O País sería outro e vostedes, créanme, serían máis felices (tamén máis admirados!).

Por que será? Venme á cabeza agora un relato de Edgar Keret, autor (crítico, alternativo) israelí. Busco no libro o ítem que me presenta a memoria. E atópoo: relato “Boas intencións” no título “Saudades de Kissinger”. Vai dun home que encarga o seu propio asasinato para rematar coa tortura da súa vida. E xustifícase… “…case non podo comer pois en canto meto o primeiro bocado na boca, penso que hai algunha persoa con máis fame ca min á que se lle acabou a comida. Polas noites non son capaz de durmir. Como pode un pensar en durmir tranquilamente en Nova York cando a vinte metros da túa casa hai xente morrendo de frío nos bancos da rúa?”

 

Feijóo culpable

Feijóo acaba de declarar a Galicia zona catastrófica. Di que o País –el chámao Comunidade– vive unha situación crítica (etimoloxicamente incuestionable, por certo) á vista do estado da súa economía e do seu emprego. Fai estas manifestacións a modo de canto auto-exculpatorio e tal cal o recollen os medios, balsamicamente. Feijóo recoñece a gravidade e, así logo, xa expiou as culpas que, en calquera caso, tampouco son del senón da propia crise.

Mais si, Feijóo é culpable. Non, naturalmente, da recesión en Europa –o home non dá para tanto– mais si do nivel de desafiuzamento que acadou o País que el chama Comunidade. É culpable por inoperante, a súa inacción advertida xa nada máis chegar ó poder (33 medidas propostas e nin sequera exploradas). É culpable por gregario dunha estratexia de austeridade indiscriminada imposta polos seus visionarios xefes madrileños. É culpable por asfixiar os provedores da administración con graves demoras nos pagamentos con tal de presentar unhas décimas menos. É culpable por indutor ó retraemento do investimento e o consumo interno derivado da súa actuación baseada nos recortes como único argumento. É culpable por dilución das claves de identidade propia que prexudican a diferenciación dos produtos e servizos galegos e mesmo reducen a visibilidade do País e da súa oferta ante consumidores externos. É culpable como fiel colaborador daquela política inmobiliaria irresponsable que puxo en práctica o seu partido nos anos 90. E é finalmente culpable como axente activo na práctica de dispendio brutal de recursos públicos promovida pola Xunta con el de vicepresidente e da cal a Cidade da Cultura representa o máximo expoñente.

Feijóo recoñece a situación crítica de Galicia. Agora só lle falta admitir a súa directa responsabilidade.