Unha estratexia para En Marea

en MareaGalicia vai mal, moi mal, décadas de devalo sen que os ciclos económicos afecten de xeito relevante a vaga de desolación económica do País. Os datos demostran o que a realidade amosa: décadas de perda de poboación, avellentamento, liquidación de postos de traballo, marcha das principais empresas, nulas oportunidades laborais para a xente nova, emigración coma única saída. Galicia necesita una renovación urxente e profunda das súas estruturas e, como cada convocatoria, as vindeiras eleccións representan una nova ocasión.

Por múltiples razóns de peso, o Partido Popular debe pasar á oposición en Galicia. Mais semella que as circunstancias tampouco esta vez non son propicias. Co BNG ao seu e o PSdeG ao de calquera outro, En Marea revélase como a única opción capaz de darlle a volta á situación. A alternativa parece aínda verde mais tempo é xusto do que non se dispón.

No artigo adxunto (O DAFO das Mareas) publicado en Galicia Confidencial, analizo a posición de partida de En Marea de cara ás eleccións do 25S tirando da coñecida ferramenta a través da que se identifican os factores externos (Ameazas, Oportunidades) e internos (Fortaleza, Debilidade) nos que habería de incidir para mellorar a capacidade de competir. Necesitamos unha estratexia para gañar as vindeiras eleccións. Polo ben do País!

Los comentarios han sido cerrados para esta nota