Nomes

Un chámase como se chama por algo. Meu pai chamábase Marcelino e eu son quen son, o fillo de meu pai. El, se cadra, tiña máis dúbidas, seu pai chamábase Francisco. Marcelino, que ven de Mars, deus da guerra o do lume. Estou no mundo, xa que logo, para cambiar o que me arrodea, montando, ou tentando montar, guerras e incendios, nada hai tan capaz de cambiar a face dun territorio… Non é que me chame Marcelino: eu son un claro Marcelino. Outros chámanse Jacinto ou Reinaldo e nin saben por qué…

Los comentarios han sido cerrados para esta nota