Fame negra

Tiven que buscala no dicionario. Non sabía como diciamos Hambruna en galego. Dise fame negra e non cabe mellor descrición. Poderíase dicir tamén vergoña branca, alma podre, conciencia inexistente. 109.000 millóns de euros para evitar a quebra de Grecia. Hai dous días, cando xa se declarara a Hambruna. Botei un ollo a varios diarios dixitais. En ningún deles, Somalia estaba entre as 10 noticias máis vistas. Non nos interesa, evidentemente. Somalia, aquel país onde os mariñeiros se tornaron piratas. Esta nova si nos interesa. Por iso, agora, mandamos barcos de guerra. Que alguén envíe comida, por favor!

Los comentarios han sido cerrados para esta nota