O que nunca che direi (creo)

O que nunca che direi (creo)

  • Por que?
    • Porque tes unha vida, claro.
  • Por iso?
    • Completa; que che fai estar sempre tannn ocupada
  • Por iso?
    • E por el… sobre todo por eles
  • Por iso?
    • E polos demais
  • Por iso?
    • Tan ocupada que nin escoitarías
  • Por iso?
    • En último caso, preferirías (rirías) non tomalo en serio.
  • Por iso?
    • Simularías unha parvada ou, ofendida, unha burla
  • Por iso?
    • Algo inconcibible, a ignorar in media tamén te
  • Por todo iso?
    • En realidade, por nada diso.
  • Por que entón?
    • Por…
  • Fidelidade?
    • Muller…
  • Por que logo?
    • Por medo, supoño. Si, por medo. Por iso seguramente nunca cho direi (creo)

Los comentarios han sido cerrados para esta nota