Galego lonxe dos cativos

A páxina web “Participa con nós, polo ensino infantil en galego”, acaba de publica-lo seguinte texto que paga a pena coñecer:

“A Xunta do PP non quere que se lles fale en galego aos nenos e nenas nas garderías ou escolas infantís. Queren eliminar o galego como lingua da infancia.

O obxectivo do Partido Popular de España en Galicia contra do galego era claro: retirar de feito o idioma galego na educación infantil. Os señores impositores do castelán, contrarios ao galego e á diversidade, saben que eliminando do ensino infantil o galego, este vai á morte segura.

Coa súa persistencia (do PP) de que as familias escollan a lingua da educación infantil, queren utilizar de xeito perverso, os prexuízos lingüísticos, as campañas de desinformación e uniformadoras, para xustificar unha decisión tutelada, disfrazada como libre, das nais e pais en discriminar (apartar, desautorizar) e mesmo de feito prohibir o uso da lingua galega aos educadores no ensino infantil. Os responsables do PP na Xunta non queren que se lles fale en galego aos nenos e nenas nas garderías ou escolas infantís. Queren eliminar o galego como lingua da infancia.”

Ás moreas de iniciativas que inzan o País a prol da nosa lingua e contra a feroz campaña desde goberno negacionista, é preciso sumar outra que se dedique a preservar e impulsar o galego como lingua da infancia. De entrada, suxiro sumármonos a esta páxina aberta con tal intención.

Los comentarios han sido cerrados para esta nota