Feijóo humillado

xaneiro 21, 2010 · Publicado en Política 

Disque 60.000 persoas se xuntaron en Compostela desta vez. Comentándoo coa miña nai, dáme ela unha clave ben suxestiva: "Feijóo intenta humilla-los galegos pero Galicia está humillándoo a el." Tal cal. De feito, Feijóo leva humillándose dende a propia campaña electoral, argallada nos sucios sotos da indecencia. Seguiu humillado cando houbo recorrer á terceira bancada para poder compoñer ese grupiño de indocumentados que chama goberno. Humillouse ante Iberdrola, que leva secando o Sil dende entón, ante Endesa que fai o mesmo co Eume, e ante Pescanova que vai estragar o marabilloso litoral de Touriñán. Humillado ha facer fronte ás críticas tallantes das institucións galegas mentres el teima na aniquilación da nosa estrutura cultural. Humíllase cando, intentando acurrunchar o galego, bota man do inglés que el nin fala nin entende. Patéticos grupúsculos atrévense a humillalo reclamándolle o que entenden foron promesas electorais a prol do asoballamento lingüístico. É humillado cada vez que os medios de comunicación radicais, extremistas, para nos entender, a extrema dereita mediática madrileña, o requiren para que aplique o garrote vil ós nosos sinais de identidade. Será humillado sen remedio polo seu propio partido cando queira cobrar o que lle deben e se encontre con que ninguén apuntou ningunha desas tales débedas. Que nada lle reservan porque, por máis empeño que lle puxo á cousa, non conseguiu domesticar a grea galaica. Así que, se te viron, xa non o recordarán, Feijóo, Mr. Bean. E finalmente serás humillado pola historia: as enciclopedias falarán dese político galego que, tras boicotear o Estatuto que precisaba o seu País, procurou o seu empobrecemento espiritual eliminando os riscos identitarios a través dos cales ocupa un lugar no mundo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comments

7 Respostas to “Feijóo humillado”

  1. chuza.org o xaneiro 21st, 2010 9:52 pm

    Feijoo humillado…

    Humíllase cando, intentando acurrunchar o galego, bota man do inglés que el nin fala nin entende. Patéticos grupúsculos atrévense a humillalo reclamándolle o que entenden foron promesas electorais a prol do asoballamento lingüístico. É humillado cada v…

  2. Kiko o xaneiro 21st, 2010 11:14 pm

    Bo artigo ;)

  3. 50% o xaneiro 22nd, 2010 3:27 am
  4. unlector o xaneiro 22nd, 2010 6:57 pm

    Metícheslle unha boa patada nas ingles ao galego..
    Pero como dís “”Humillado ha facer fronte ás críticas tallantes…”
    eu ha fago
    ti ha fas
    el ha fai
    ….

  5. Marcelino o xaneiro 23rd, 2010 12:14 pm

    Unlector, hai unha confusión na túa crítica. “Ha facer” vén de “haber facer”, ou sexa, “eu hei facer”, “ti has facer”, “el ha facer”. En calquera caso, grazas pola túa observación. Saúdos,

  6. unlector o xaneiro 23rd, 2010 6:38 pm

    Pois tes razón, non o entendín así ao ler o artigo.
    Retiro o dito. Un saúdo

  7. A.G.B o xaneiro 24th, 2010 5:40 pm

    veña Marcelino, adiántanos algo sobre a túa nova novela.Devecemos por saber de que vai e cando sairá á luz.
    Non te fagas de rogar…

Deixa unha resposta