CO ALCALÁ EN VIVEIRO

Viveiro, a Feira do Libro entre as actividades das Festas de San Roque. As casetas ateigadas de lectores, viveirenses ou turistas, ávidos de historias para encher o seu tempo de lecer. Na carpa habilitada ó efecto, Carlos Nuevo oficia coma mestre da cerimonia. Tódalas cadeiras ocupadas e xente, ao fondo, de pé. Xavier Alcalá imparte un obradoiro express de literatura, transmite os códigos, recorda as claves de estrutura, sintaxe e gramática. E falamos d’A trenza en Viveiro, a terra de Lois Tobío e Vilar Ponte, pais da Patria, e tamén a terra de meu pai. E en Viveiro postulamos a defensa dunha lingua, trenza principal da nosa historia, a través da publicación de obras literarias. Onte e hoxe.

2 Comentarios

  1. Anonymous dijo

    21 de Agosto del 2008 a las 4:48 p.m.

    Interesoume a presentación na que Marcelino Fernández Mallo demostrou ser un bo comunicador. Despois a novela non defraudou as expectativas levantadas. É unha historia que, como explicou Xavier Alcalá, ten unha boa estructura e están todas as distintas historias engarzadas. Se tivese que poñer unha tacha, serían os personaxes que desaparecen entre a primeira e a segunda parte, inda que tamén hai que pensar que entre os dous períodos pasan tres anos. Pero en conxunto, é unha boa novela con momentos de alta literatura. Noraboa. X.R.R.

  2. Marcelino Fernández Mallo dijo

    23 de Agosto del 2008 a las 6:29 p.m.

    Seica se impón a idea, non só no blog senón tamén nas opinións recibidas en persoa, da limitación que supón o feito dalgúns personaxes desapareceren da historia. Tal como comentei trala opinión doutro lector, eu creo que precisamente algunha desaparición forma parte en si mesma da trama da novela. Por outra banda, a historia é realista e na vida real unhas persoas van aparecendo, reaparecendo ou mesmo desaparecendo. En calquera caso, moitas grazas polos teus amables comentarios, X.R.R. Vémonos en Viveiro!

Comentarios RSS