As palabras de Yolanda

Yolanda falou e detívose o mundo. Cando menos, parou ese cativo universo de 90 persoas que nos xuntamos na presentación d’A trenza na Coruña e que quedamos suspendidos das palabras e da voz da Castaño. Palabras coma estas:
“…(A trenza) suxírenos un velado e ambiguo xogo entre realidade e fición. Marcelino anda ás xoguetas a respecto dos factores ficionados e os potencialmente baseados en feitos reais. Cánto de novelado hai nesta abraiante historia? Ese misterio sen dúbida alimenta a tensión da trama… Ao fin e ao cabo, o noso mundo máis próximo está acugulante de historias diminutas e enormes das que todos poderiamos aprender e tirar conclusións ou sinxelamente sobrecollernos…”
“…Este é un libro cun potente fondo social. Un testemuño no que o responsable aproveita para ir depositanto retazos do seu –adiviño- propio pensamento nos recantos e nas marxes das páxinas, nos fíos da encadernación, no satinado do lombo.”
“…calquera imaxe é ben aproveitada para avasallarnos co gusto dunha comparativa enxeñosa, unha metáfora suxerente, unha figura con alta carga poética. El (o autor) vai sementando pequenas doses de poesía coma en pingas de rocío que salfiren o texto, intres para a áxil filigrana…”
“…a clave está en se os acontecementos aparentemente azarosos da vida son destino fortuíto ou son sinais. ¿Ámase a quen se coñece? ¿Coñécese a que se ama?”
“E así é o movemento da trenza: cada un de nós unha febra diferente e agora xuntámonos, agora separámonos para despois volvernos xuntar. Sucesión das mesmas coincidencias e de similares comportamentos ao longo dos distintos anacos do que se vai compondo. E o azar como factor determinante desa sucesión (…). Porque no fondo todos estamos conectados entre nós, todos unidos (auténtica tese base do humanismo, da tolerancia, da solidaridade e do encontro social) como por febras invisibles. Todos e todas cinguidos na mesma trenza que nos vai xunguindo por circunstancias azarosas, fortuítas, resplandecientes…”

4 Comentarios

  1. Luís Milla dijo

    19 de Xullo del 2008 a las 10:23 a.m.

    bufffff…. Yolanda Castaño.

    A segunda Etapa Escura na literatura galega…

    …o día de mañá ficará esta autora, nos anais, como aquela que entrou en Sargadelos no intre en que botaban fora ao grande Diaz Pardo, como aquela que influíu nas novas xeracións literarias coa súa “poesía feminina dos 90” ou o que é o mesmo: a chamada “poesía da cona”, como aquela que fixo que “Aduaneiros sen fronteiras” fechase, etc… etc…

    …os tempos serán chegados (algún día).

    (isto é unha opinión persoal, pero xeralizada entre a xente da cultura).

  2. Marcelino Fernández Mallo dijo

    20 de Xullo del 2008 a las 1:59 p.m.

    Luis: simplemente, coido que as túas palabras son moi inxustas. As calidades persoais de Yolanda Castaño lévanse poñendo de manifesto ó longo dunha traxectoria chea de acertos e sensibilidades, mentres que o seu talento poético, que a min me impresiona con frecuencia, está a traspasar fronteiras con cada traballo. A presentación d’A trenza na Coruña provocou a emoción colectiva dunha xente que entrou sen prexuízos e saíu entregada.

  3. Anonymous dijo

    20 de Xullo del 2008 a las 5:00 p.m.

    Eu estiven na presentación, e non coñecía a Yolanda. Saquei unha impresión moi agradable dela polas suas escollidas e maravillosas palabras hacia o libro e o seu autor. Foi una presentación moi emotiva, e creo que todos quedamos fascinados pola cercanía, frescura e dotes de comunicación do tandem Fernández-Castaño.So engadir, que tamén está a ser un pracer ler a novela.

  4. Anxos dijo

    23 de Xullo del 2008 a las 6:22 p.m.

    Ben. Non entendo que é “a xente da cultura”, onde queda encadrada, nin que características hai que ter para que te consideren algo así, é maís, non é mais ben unha “etiqueta”?
    Tampoco entendo de etiquetas, tan só leo, y sé o que me gusta é o que non…nada maís.
    O día 15 non lin, só escoitei, unha presentación onde a poesía e a narrativa mesturábanse na voz e as palabras de Yolanda, e esas palabras, xunto coas de Marcelino envolvéronme, emocionáronme, e déronme unha nova razón para seguir lendo.
    Inda que é unha opinión persoal, creo que podo xeralizala a todos os alí presentes.
    Anxos.

Comentarios RSS