Presentación da novela

A Trenza trata a tumultuosa traxectoria vital do seu protagonista, Mario Quintela, cuxa vida como funcionario eficiente e esposo amante parece estar condenada á tranquila felicidade típica dunha familia galega de clase media. Porén, a novela comeza co seu protagonista ingresado no cárcere de Teixeiro á espera de ser entrevistado pola psicóloga da prisión. A partir da entrevista, vanse coñecendo os detalles que levaron a Mario Quintela ata unha tan indesexada situación. Aparecen así Roberto, traficante alcumado o Coronel, Eva, presidiaria na mesma cadea onde agarda Mario, Helena, avogada da ONG Portas Abertas e esposa do protagonista, e o padre Marcos, empeñado en rebaixar a condena de Eva.
As traxectorias dos personaxes de “A trenza” ocupan mundos e espazos diverxentes e crúzanse en repetidos momentos provocando, con cada cruzamento, a alteración do rumbo das distintas existencias. O peso das circunstancias sitúase por riba das decisións persoais, mesmo por riba das identidades, das familias e das institucións. “A trenza” constitúe un relato brillante e intenso dende os primeiros compases e que se vai enriquecendo a medida que os personaxes clave da historia acumulan experiencias vitais, en moitos casos completamente inesperadas.
“A trenza” é, ademais, unha novela cun salientable fondo social. Confirmando este carácter, o 8% das vendas que se acaden irán parar á ONG galega “Implicadas no Desenvolvemento”.

18 Comentarios

  1. Anonymous dijo

    14 de Xullo del 2008 a las 9:58 a.m.

    Inda non o leín pero a presentación anima e sobretodo o 8% da ONG. Gemma

  2. Anonymous dijo

    14 de Xullo del 2008 a las 9:32 p.m.

    Vín en fervenzas a noticia e xa me lancei a consultar o blog, lera “Cabilia” de casualidade e gustárame moítisimo, espero que pase o mesmo con esta novela.
    cruz lópez

  3. Anonymous dijo

    15 de Xullo del 2008 a las 11:29 p.m.

    He asistido a la presentación y me ha parecido impecable, tanto la intervención de Yolanda Ramos como el escritor, Marcelino. Después de escucharles estoy impaciente por leerla.
    Anxos.

  4. Marcelino Fernández Mallo dijo

    17 de Xullo del 2008 a las 6:17 p.m.

    Moitas grazas. Si, a presentación resultou magnífica por mor da marabillosa intervención de Yolanda Castaño. Xa me diredes o que vos pareceu a novela cando a leades.
    Saudiños

  5. Anonymous dijo

    21 de Xullo del 2008 a las 1:34 p.m.

    Quien es Yolanda Castaño?… Cuando se presenta La Trenza en Madrid?…
    Aunque soy gallego, especialmente de espiritu y alma, no lo falo. Te podremos leer en español Marcelino?…
    Francamente, el resumen del blog(asi leido en gallego) invita a leer la novela… se percibe apasionante.
    Ivan

  6. Anonymous dijo

    23 de Xullo del 2008 a las 5:25 p.m.

    Me sumo a la petición de Ivan. Los gallegos que hemos estado fuera queremos difundir y compartir con nuestros amigos (en mi caso, tambien de Madrid) esta apasionante novela, porque yo ya la estoy leyendo, y sí Ivan, es apasionante.
    Anxos

  7. a.g.b. dijo

    25 de Xullo del 2008 a las 11:19 a.m.

    Rematei a obra francamente emocionada.

    Unha ovela para xente debil, fráxil e encorvada…para todos.

    Con agún fio argumental algo endeble, pero iso queda para outro momento. Polo de agora disfruto das emocions.

  8. Marcelino Fernández Mallo dijo

    27 de Xullo del 2008 a las 11:25 a.m.

    Agradecido por eses desexos de Iván e Anxos. Eu escribo en galego que é o que me sae. Sinceramente, vexo improbábel versións d’A trenza en castelán.
    O maior afago que se lle pode facer a unha novela é dicir que “emociona”. Celebro, a.g.b., que espertase en ti esa reacción. Sobre os fíos argumentais, intúo por onde vas. Xa sabes que nunha historia, hai tramas prioritarias e outros complementarias. En calquera caso, o teu comentario reflicte perceptividade e unha lectura fonda. Grazas de novo.

  9. a.g.b. dijo

    28 de Xullo del 2008 a las 12:20 p.m.

    Estou a volverme tola na pescuda do “salientable fondo social da obra”. E xa non te conto, se falamos “da exaltación do xénero fiminino”. Con estas dúas mediocres frases poderíase garantir unha “salientable cualificación” no exercicio de literarura da selelectividade, sexa cal sexa a obra que o azar depare.
    Suxiro disfrutar das emocións, (ainda que sexa nos libros). Todo o demais é ornamento (nesta vida aprendes 3 frases é xa es un intelectual do Todo a Cien).A novel apode ou non gustar pero mediocre non é.

  10. Marcelino Fernández Mallo dijo

    28 de Xullo del 2008 a las 1:42 p.m.

    Pois tes todiña a razón, a.g.b. Ás veces non é fácil abstraerse das tendencias e cae nos tipismos á hora de falar dun texto literario. Coincido tamén absolutamente na medida das emocións para calibrar unha novela, o efecto que dalgunha maneira provoca na temperatura do corpo. Algo peor que calificala de “malísima” sería dicir ó final: “deixoume frío/a”.

  11. a.g.b. dijo

    29 de Xullo del 2008 a las 10:36 a.m.

    Atráeme a figura de Roberto. Paréceme o personaxe máis interesante da obra..
    “EL MUNDO ES DE QUIEN NO SIENTE.Quien simpatiza se detiene.Toda la vida es guerra y la batalla es la síntesis de la vida. El estratega es un hombre que juega con vidas como el jugador de ajedrez juega con las piezas del juego. ¿Que sería del estratega si pensara que cada lance del juego lleva el dolor a tres mil ocrazones?. El estratega no es un bandido: es un hombre de acción.El que perdió el lance en el juego puede, de hecho, contar con su limosna en el futuro”

    Este pensamento de prestado é a miña derradeira aportación ao blogue (non sei se este texto ten certa relación co personaxe de Roberto, ou se a vinculación é froito do meu maxín).
    Gostaríame atopar neste pequeno foro, menos loas ao autor (non digo que non as mereza) e máis comentarios sobre a obra.

  12. Anonymous dijo

    31 de Xullo del 2008 a las 2:16 p.m.

    Esto xa o máximo, os de Galicia Bilingüe nos foros de literatura galega. Pero é que non tedes máis que facer? Se a queredes ler en galego ben e se non ainda vos queda Vizcaino Casas.

  13. Anonymous dijo

    31 de Xullo del 2008 a las 2:23 p.m.

    One more comment, en injlés para os de GB. A novela está ben, do mellor en galego dos ultimos tempos. entretén pero sobre todo os xiros na trama, cando cres que vai por un lado e pega o xiro. Pero son cambios que os cres, dasche conta de que son posibles. E o final tampouco o esperas pero entón decataste de que é o final máis lóxico. E unha novela recomendable, das que deixa boa memoria. Agus, o de antes

  14. Marcelino Fernández Mallo dijo

    31 de Xullo del 2008 a las 9:21 p.m.

    De novo coincido (inda que desta vez parcialmente) cos comentarios de a.g.b., en concreto sobre os referidos a Roberto. Roberto é un estratega, en efecto, e grazas ao seu dominio dos sentimentos, consegue continuar adiante. Sen embargo, ¿por que razóns toma a última decisión? ¿Faino unicamente como estratexia de supervivencia?

  15. Marcelino Fernández Mallo dijo

    31 de Xullo del 2008 a las 9:28 p.m.

    Agus, se mo permites, vou deixar a un lado as referencias a “grupos lingüistas” pois dubido da súa presenza neste foro. Respecto aos teus comentarios verbo da novela, A trenza trata precisamente das diferentes traxectorias que se presentan nunha vida e das opciones para elixirmos unha ou outra, non sempre a máis evidente. Velaí que as nosas existencias adoiten gardas sorpresas e xiros en cada curruncho.

  16. Anonymous dijo

    1 de Agosto del 2008 a las 11:24 a.m.

    O que máis me gustou a min foi o padre Marcos, mágoa que desaparecese na segunda parte. Ese conflicto entre vocación e votos está moi ben explotado. Toda a novela é unha loita entre distintas tentacións ou posibilidades e ao meu parecer é o que lle dá a intensidade que che fai continuar léndoa. O que dicides das emocions é verdade, terminas tomando partido e incluso encariñándote cos personaxes. Unha suxerencia: debería destacarse máis o blog para conseguir máis debate entre os lectores.

    Gloria H66

  17. Marcelino Fernández Mallo dijo

    4 de Agosto del 2008 a las 12:49 p.m.

    O padre Marcos ten unha presenza importante na segunda parte precisamente a través da súa ausencia, non cres?
    Gloria, gracias polos teus comentarios

  18. Anonymous dijo

    8 de Agosto del 2008 a las 7:57 p.m.

    Preciosa, Marcelino. So quería dicirche que escribiches algo marabilloso. Gemma

Comentarios RSS